Xa temos unha baixa

Rubén Sánchez é a primeira baixa do Compos de cara á segunda metade do curso. O manchego deixa o equipo despois de media tempada na que non puido aproveitar as escasas oportunidades que tanto Iñaki Alonso coma Alberto Mariano lle brindaron.
Chegado do Murcia no pasado mercado de verán, o centrocampista xogou algo máis de 500 minutos en Liga e 180 na Copa RFEF repartidos en 10 encontros da competición doméstica, 4 como titular, e 2 no torneo do KO, o 100%,  rematando sen ningún gol na súa conta pero con 5 cartóns amarelos.
Deixa o Compos camiño do Mensajero canario, equipo recén ascendido á categoría de bronce e coa súa saída ábrese a porta á chegada dun novo xogador de carácter ofensivo. Fálase, ademais, da posible volta ao equipo de Manu Rodríguez, que deixou a Arandina hai uns día, e algunha chegada máis dalgún ex xogador branquiazul, aínda que non son máis que rumores. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario