Todo segue igual

Compos e Atlético Astorga non conseguiron máis ca un empate. Un reparto de puntos que non deixa contento a ningún dos dous equipos no derradeiro encontro deste 2015. Moito que mellorar na segunda volta por parte dos dous conxuntos se non se quere xogar a vindeira tempada na Terceira división. Os locais adiantáronse no primeiro tempo cun gol de Víctor mentres que Orbegozo empatou na segunda parte.
O Atlético Astorga saltou ao terreo de xogo mostrando máis intencións. Non tardaron moito en achegarse á porta de Pato con dúas ocasións perigosas, anque topándose na primeira cun seguro Catú. Na seguinte, o cancerbeiro uruguaio foi vital para que os locais, moito mellores en ataque, non puideran poñerse por diante. 
Co paso dos minutos, a pelota non parecía saír do campo branquiazul. Sen pasar case do medio do campo, o mellor do equipo santiagués estaba na defensa. Sen embargo, superados os vintecinco minutos de xogo chegou un erro importante. Córner, os centrais non van a pola pelota e Víctor non perdoa ante Pato, que non foi quen de evitalo. 
Ata o final do primeiro tempo, o Atlético Astorga estivo moi preto de asinar o segundo gol. Perdoaron algunha ocasión máis ante un Compos que non entrou no partido ata os minutos finais. Jordan, do mellor no ataque ante o Racing de Santander, fíxose dono da banda en ataque e protagonizou as dúas mellores chegadas dos nosos na primeira metade metendo un pouco o medo no corpo dos astorganos. 
O guión seguido no tramo final da primeira parte mantívose no inicio da segunda. O Compos foi superior durante os primeiros instantes e despois dunha ocasión sen sorte, chegou o gol do empate. Falta lonxe da área que bota Joaquín e no punto de penalti aparece Orbegozo para meter o pé e anotar o seu terceiro gol no que vai de curso, primeiro ademais que non chega dende os once metros.
Co empate no marcador, os nosos mandaron sobre o terreo de xogo anque sen obter ocasións de perigo sobre a portería astorgana. Un pouco máis de tranquilidade sobre o campo... ata os quince minutos finais, onde se desatou a loucura.
Os dous equipos, coa mente posta no mal momento polo que están a pasar, meteron a directa rumbo ao gol. Portela tivo a mellor para o Compos despois dun córner e Catú salvou a resposta leonesa. Para finalizar o encontro, o Atlético Astorga perdoou unha ocasión clarísima no último minuto. 
A Esedé pechará a primeira volta despois do nadal, a primeira fin de semana de xaneiro, en San Lázaro ante a Arandina. Ademais, o 1 de xaneiro abrirá o novo mercado de fichaxes no que xa sabemos que haberá novidades importantes.

ALIÑACIÓN: Pato; Josu (Rubén Sánchez, min. 46), Portela, Catú, Jimmy; Javi Moreno (Fondevila, min. 46), Marcos; Jordan, Joaquín, Gerard; e Orbegozo.
CARTÓNS: Amarelos para Javi Moreno e Catú.
GOLES: 1-0 26' Víctor, 1-1 50' Orbegozo.
ESTADIO: La Eragudina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario