Vén o líder

O Compos recibirá este domingo ao rival máis duro da categoría. O Racing de Ferrol someterá ao novo Compos a un exame moi complicado en San Lázaro, onde os dous últimos encontros tranformáronse en vitorias locais. Líder contra penúltimo. Dúas traxectorias moi diferentes pero cun obxectivo principal similar, anque as cousas non vaian como se pensaban por Santiago. Ademais, volven a Santiago Joselu e Diego Peláez, dúas das pezas máis importantes do equipo departamental.
O primeiro clasificado chega a San Lázaro este domingo nun estado de forma case inigualable. Líderes con moita diferenza sobre o segundo, os ferroláns son o mellor equipo de toda a categoría. Case insuperables, só perderon na primeira xornada ante a Arandina; os de Tena suman trece xornadas sen coñecer a derrota e sumando só tres empates. 33 puntos. 26 goles a favor e 11 en contra.
Nada en contra se pode dicir do equipo ferrolán no que vai de tempada. Comezaron cun tropezo inesperado ante un recén ascendido con Manu Rodríguez e Gonzalo no once e dende aí todo foron puntos para o seu casilleiro. Dez vitorias e tres empates ante Izarra na casa e Cultural Leonesa e Tudelano a domicilio.
Se falamos dos xogadores do equipo verde, hai que destacar a dous con pasado branquiazul. Joselu e Diego Peláez, pezas chave no ascenso do Compos á categoría de bronce, voltarán á que foi a súa casa nun gran momento de forma. O de Palmeira é o máximo goleador do equipo e da categoría con 7 tantos mentres que o de Santiago suma dous goles ademais de crear numerosas ocasións e asistencias. Pablo Rey, outra das grandes pezas do Racing, suma tamén dous tantos.
Os dous equipos chegan despois de superar aos seus respectivos rivais a pasada xornada. O Compos gañou ao Celta B grazas aos goles de Dani Hernández e Orbegozo dende os once metros. Pola súa parte, o Racing remontou ante o Lealtad na Malata con goles de Borja Domínguez, Maceira e Joselu respondendo ao gol inicial de Camochu.
Este domingo teremos un derbi histórico. Esta será a novena vez que se vexan as caras en Santiago na Segunda B, sen contar os encontros na Terceira. Nesta categoría, os departamentais só sumaron unha vitoria, a da pasada tempada por 0-3. Dous empates e cinco vitorias entre as que destaca o 4-1 de fai dous anos con Joselu facendo tres goles con Fredi no banco.
Con respecto á tempada pasada, Jimmy poderá estar nun dos encontros máis importantes do ano mentres que Portela e Goti son baixas por lesión e Marcos por sanción. No Racing, Catalá será baixa nos visitantes por lesión.
O encontro será este domingo ás 17 horas en San Lázaro. As entradas para os afeccionados que non sexan socios do Compos mantense ao mesmo prezo (20 euros en Preferencia e 25 en Tribuna) que o resto da tempada mentres que, a diferenza do ano pasado, os socios non terán que pasar por taquilla. Pola súa parte, os afeccionados chegados dende Ferrol estarán situados no Fondo Norte e con entradas a 15 euros por persoa. Quen non poida asistir ao encontro poderá velo en directo pola segunda canle da TVG ou escoitalo a través da 'Esedé Radio', na web oficial do clube, así como seguilo a través do Twitter da Curva Branquiazul
Además, deixámosvos o cartel da Curva do encontro:


Ningún comentario:

Publicar un comentario