O Compos sumou a segunda vitoria en catro días ante a Selección Galega, un combinado formado por xogadores da Terceira galega. Un amigable que serviu para sumar minutos a xogadores coma Marqueta ou Javi. Un bo partido dos nosos que puideron sumar goles ante a Selección e mostrar unha mellor puntería de cara a porta. Jordan, Goti e Dani Hernández foron os autores dos tantos branquiazuis.
Con moi pouco público nas bancadas de San Lázaro, o Compos xogou un partido amigable importante para sumar minutos no mellor momento, días despois de sumar a segunda vitoria da tempada. O bo momento do equipo chegou tamén a este encontro e na primeira metade Jordan fixo o primeiro gol despois dun saque de esquina.
Na segunda metade, o equipo mellorou un pouco máis e Goti fixo o segundo ao pouco de voltar do vestiario. O combinado galego recurtou diferenzas e Dani Hernández fixo o terceiro e definitivo a quince minutos para o final.
A mala nova do encontro foi a lesión de Orbegozo, da que saberemos máis nas vindeiras horas. Por outra parte, é momento xa de pensar no encontro ante o Lealtad do vindeiro domingo pola mañá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario