O Compos recibirá este sábado a unha das revelacións da categoría. O Tudelano visitará por primeira vez San Lázaro no que será o segundo dos tres encontros entre ambos esta tempada. Os navarros, que chegan coa intención de quedar entre os seis primeiros ao final da tempada, medirá as aspiracións da Esedé dende a cuarta posición da táboa. Un encontro que, sen dúbida, servirá como reedición do que pasou na Copa do Rei, onde os locais gañaron por un gol de diferenza nun partido tolo con moitos goles e no que Sergio Sánchez desatouse como goleador.
Esta será a segunda ocasión na que Compos e Tudelano se vexan as caras en cuestión de dous meses. Un partido complicado, entre dous equipos chamados a rematar a tempada nos postos altos da clasificación. A revelación ante a novidade negativa nestas once primeiras xornadas, nas que só o Racing de Ferrol é capaz de alonxarse con respecto ao resto dos rivais. Dous equipos de nivel similar con resultados moi diferentes fronte a fronte.
O Tudelano chega a San Lázaro como cuarto clasificado con 19 puntos, igualados coa Cultural Leonesa e só a dous puntos do segundo clasificado. Un equipo perigoso, con gol e cunha defensa firme que non encaixa apenas goles, sendo o cuarto equipo que menos goles recibiu ata o momento. 6 vitorias, 1 empate e 4 derrotas, todas elas fóra da casa, son os números dun equipo que lonxe de Tudela non é capaz de destacar. De feito, a domicilio só foron capaces de puntuar e gañar en Burgos hai cousa dun mes. En canto a goles, 14 a favor e 10 en contra con Arkaitz e Óscar como máximos anotadores con tres goles cada un.
A única vez que se viron as caras os dous equipos, o Compos caeu por 3-2 nun partido tolo con goles e emoción ata o final. Sergio Sánchez inaugurou o marcador, Arkaitz doulle a volta con dous goles e Azpilicueta fixo o 3-1 co que sentenciar o resultado. No último minuto, Sergio Sánchez buscou manter ao equipo con vida co 3-2 definitivo. Na seguinte rolda da Copa, os navarros caeron ante o Ebro pola mínima.
Os dous equipos chegan despois de sumar na pasada xornadas. O Compos asinou un resultado positivo, sen goles, en Cáceres, nun dos campos máis complicados da categoría. Pola súa parte, o Tudelano gañou na casa ante o Lealtad grazas aos goles de Nandi e Óscar asinando a segunda vitoria consecutiva.
Para esta cita, Iñaki Alonso non poderá contar con Portela e Jordan por lesión e perde a Rubén Sánchez por sanción mentres que recuperará a Catú e Marcos ademais de contar coa dúbida ata última hora de Gerard. Por contra, Manix Mandiola conta coa lesión de Maseguer.
O partido será este sábado ás 17 horas en San Lázaro e de novo será televisado na segunda canle da TVG.
Ningún comentario:
Publicar un comentario