O Compos buscará puntuar por segunda xornada consecutiva, algo que polo que vai de tempada aínda non se conseguiu. Para iso haberá que visitar un campo maldito onde os nosos onde sumaron cinco derrotas en cinco visitas. O Burgos, pola súa parte, buscará ante os nosos seguir preto dos postos de ascenso nunha liga máis igualada do que se podería pensar.
Novena xornada de liga e a Esedé visitará un dos campos máis complicados da categoría. El Plantío, un campo histórico, recibirá a un equipo en horas baixas. Un equipo que despois de oito xornadas pecha a clasificación co só 5 puntos a 5 dos postos de permanencia e a 8 dos postos de promoción de ascenso, obxectivo principal marcado polo clube ao comezo da tempada. O Burgos, por contra, está a dous puntos do cuarto clasificado e a outros dous dos postos de promoción de descenso.
O Burgos Club de Fútbol xoga a súa 15ª tempada na categoría de bronce do fútbol español. Un equipo que loitou dende o fútbol rexional ata a Primeira división confirmándose como un histórico do deporte castelán. Suman polo momento 11 puntos despois de 3 vitorias, 2 empates e outras 3 derrotas. O segundo equipo con menos goles anotados con 6 ao seu favor, dous obra de Ander Vitoria confirmándose como o máximo goleador, pero tamén se trata do terceiro equipo con menos goles encaixados no que vai de tempada con 5.
Como local, o Burgos xogará este domingo o seu quinto partido desta tempada. Firmes na casa, os homes de Ángel Viadero sumaron sete de doce puntos posibles. Empate sen goles ante o Valladolid B, vitorias ante Guijuelo e Celta B e só unha derrota ante o Tudelano fai dúas semanas. Pola súa parte, como xa todos sabemos de memoria, o Compos só puido sumar un punto de doce posibles na visita a Pasarón.
Historicamente trátase dun campo maldito para os nosos onde nunca conseguiron puntuar. Na tempada pasada, o resultado foi un contundente 2-0 cun equipo do que só poderían repetir cinco xogadores. En canto á pasada xornada, o Compos sumou un valioso empate ante a Cultural Leonesa en San Lázaro mentres que o Burgos fixo o propio ante o Lealtad tamén nun encontro sen goles.
En canto ás baixas, Portela, Jordan, Orbegozo e Gerard seguirán ocupando a enfermería branquiazul mentres que Javi Moreno será baixa por amonestación. No Burgos, Fito Miranda e Rodri son baixas seguras. Tnato Toni e Prosi son dúbidas ata última hora. Recuperarán a Iván Zarandona despois da xornada internacional.
O partido será este domingo ás 17 horas e, para variar nos encontros fóra de Galiza, non haberá televisión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario