500

O Compos xogará este sábado o partido número 500 da súa historia na Segunda B. 14 tempadas xa na categoría de bronce despois da estrea na temporada 77/78 na que, ademais, chegou o primeiro partido ante o rival desta fin de semana. A Cultural Leonesa buscará amargar o 'aniversario' branquiazul case corenta anos despois da primeira visita do equipo castelán a Santiago.
Trinta e oito anos despois, a Cultural Leonesa volverá á capital galega para xogar por décima vez. Nove partidos ata o momento nos que o Compos levouse a vitoria ata en cinco ocasións mentres que os leoneses fixeron o propio nas catro restantes. Ningún empate ata o momento dende 1977, 12 goles locais e 9 visitantes. Entre todos eses precedentes destaca, ademais, a vitoria dos nosos na tempada 2013/14. Dous goles de Joselu e outro de Yahvé completaron o 3-0 a unha Cultural que a pasada tempada vingouse cun 0-2, goles de Diego Peláez de penalti e Catú en propia porta. 
Neste inicio de Liga, a Cultural está moi preto dos postos de promoción de ascenso. Con 11 puntos, o equipo castelán dirixido por Juan Ferrando sumou ata o de agora 3 vitorias, 2 empates nas dúas primeira xornadas e outras 2 derrotas, ambas lonxe do Reino de León. 6 goles a favor e 7 en contra. Un equipo que, fóra da casa, só puido sumar un punto na visita a Valladolid na xornada inaugural. Dúas derrotas máis por 3-1 cada unha completan os seus números a nivel colectivo. A nivel individual, ata seis xogadores suman un gol en Liga. Ademais, Isaac Aketxe perfílase como o xogador máis perigoso do equipo. 
A pasada xornada, o Compos non puido traer os tres puntos ao difícil campo do Anexo de Zorrilla. Un partido igualado e no que se chegou aos dez últimos minutos co empate inicial aínda no marcador. Dous goles en cuestión de oito minutos e un penalti a Jordan parado polo porteiro local confirmaron que este equipo ten serios problemas co gol. Pola súa parte, a Cultural chega de gañar na casa ao Lealtad por 2 goles a 1 cun tanto de Víctor Díaz a menos de dez minutos para o final. 
En canto ás baixas, Iñaki Alonso terá a máis que coñecida de Portela e á que se suman as baixas por lesión de Jordan, Orbegozo e Gerard Oliva deixando o primeiro equipo sen dianteiros, polo que podería contar de novo con Chiño, xogador do Estudiantil, ou ben recolocar a algún centrocampista para que xogue na punta do ataque. Pola súa parte, Juan Ferrando non poderá contar con Tameem y Sultan, dous xogadores convocados pola selección de Qatar. Babalola volve a estar dispoñible para ser convocado despois da súa sanción. 
O partido será o sábado en San Lázaro ás 19 horas. E como xa dixen anteriormente, este será o 500 encontro do noso equipo na categoría de bronce. 163 vitorias, 137 empates e 199 derrotas ata o de agora en 13 tempadas e estas oito xornadas. Nesta ocasión, os que non se poidan achegar ao campo tampouco poderán velo por televisión. 

1 comentario: