Este domingo, o Compos terá unha nova proba importante en Estella. Un partido clave despois da derrota en Tudela na Copa do Rei onde o noso equipo ten moito traballo por diante. Algo máis de tres puntos en xogo ante un rival que nos recibirá con intención de manterse invictos na casa no que vai de tempada. Terceiro encontro desta campaña... e a primeira vitoria a domicilio a noventa minutos.
Ao igual que fai dúas tempadas, o Compos parece ter dificultades á hora de puntuar lonxe da casa. Un equipo que está buscando o seu mellor nivel co que acadar o obxectivo principal desta campaña: o ascenso á Segunda división. Para isto, nada mellor que gañar na segunda visita a Merkatondoa. Unha visita precedida pola derrota de fai cinco anos, partido que xogou Catú. O resultado naquela visita foi de 2 goles a 0, os dous de Dani Ederra.
Para este encontro, Iñaki terá as baixas de Rubén Sánchez e Portela por lesión, aínda que o primeiro podería voltar ante o filial do Sporting de Xixón en San Lázaro. Catú si poderá xogar a pesar de ser expulsado en Copa. Pola súa parte, o adestrador do Izarra non contará con ningunha baixa por lesión nin por sanción tendo todo o plantel á súa disposición.
Na pasada xornada, os dous chegan de asinar resultados moi diferentes. O Compos sumou os seus tres primeiros puntos cunha vitoria merecida ante o Peña Sport cun gol de Gerard Oliva. Por contra, o Izarra non puido facer nada ante o Lealtad caendo en Villaviciosa a pesar do gol de Garrido.
O Izarra ocupa actualmente a oitava posición da táboa con tres puntos. Os navarros comezaron a tempada cunha vitoria como locais ante o Tudelano grazas a un gol de Lizarraga. Un equipo difícil de superar na súa casa e que, segundo demostraron, non dubidan nin un segundo en frear aos rivais a base de faltas.
O partido será este domingo ás 18 horas en Merkatondoa e, de novo, parece que non haberá televisión que retransmita o xogo para a afección branquiazul. Asubiará o encontro o vasco Gómez Landazábal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario