Só había auga

Un bo Compos non puido facer nada na piscina do líder. Unha nova derrota baixo unha intensa chuvia e nun terreo de xogo onde a práctica do fútbol parecía imposible. Un campo moi castigado polo mal tempo e que obrigou aos dous equipos a xogar con balóns polo alto xa que era imposible que o esférico rodase polo céspede. Un gol entre Marqueta en propia porta e Jonathan Vila nunha xogada a balón parado foi suficiente para que o Oviedo sumase tres puntos máis para estar no máis alto da táboa unha semana máis. 
Nun terreo onde non se debería xogar e ante un equipo coa mente máis posta na Copa do Rei, o Compos saiu a pola primeira vitoria ante o Oviedo lonxe de San Lázaro. Cun equipo moi físico e un esquema diferente ao normal, os homes de Iñaki Alonso prataron cara ao líder da categoría por segundo ano seguido merecendo o gol dende o primeiro minuto de xogo. 
Poucas ocasións pero o xogo nos primeiros minutos estivo unicamente en campo local, que tivo que defenderse ante o intento de crear perigo dos galegos. Sen embargo, o estado do campo fixo imposible a chegada das ocasións sobre a porta de Esteban levando o encontro a un tramo de fútbol físico, trabado e pouco vistoso. 
O Oviedo non era capaz de rematar coa posesión do Compos e ante as ditas condicións só puideron aproveitar as poucas ocasións a balón parado das que gozaron. Nunha delas, despois dunha falta de Iván Moya preto da área, chegou o gol do partido. Falta que bota Susaeta, a pelota bate na madeira e queda morta na liña de gol. Por alí apareceu o ex do Celta Jonathan Vila e entre el e Marqueta meteron o esférico na portería. 
Antes do final da primeira metade puido chegar algunha ocasión máis a prol da Esedé a balón parado pero só Catú tivo opcións de asinar o empate. 
Na segunda metade, baixo máis chuvia, o Compos dominou de principio a fin permitindo só dúas ocasións aos ovetenses, que nas dúas apareceu Marqueta para evitar unha renta maior. Sen embargo, a pesar de pechar aos locais no seu campo non puideron chegar as ocasións na piscina do Tartiere. 
Con Quim e Mon sobre o terreo de xogo, os mellores en ataque, o equipo gañou un pouco de velocidade e loita na presión en zona de tres cuartos. O canteirán foi a nova positiva mostrando un gran nivel e un centrocampista para moitos anos. 
Durante corenta e cinco minutos, o Compos tivo o esférico pero só foi capaz de ter o gol do empate en varios córners ben defendidos polo conxunto azulón. Pola súa parte, dous contraataques puideron rematar moi mal para os nosos con dúas paradas de mérito de Marqueta, que encaixou un gol despois de tres partidos mantendo a porta a cero. 
Finalmente chega unha derrota máis, quizá a máis agardada tendo en conta ao rival, e a pensar xa no encontro da vindeira fin de semana ante o Sporting B en San Lázaro co que se pechará o fútbol no 2014.

ALIÑACIÓN: Marqueta; Catú, Alcañiz, Portela (Moreira, min. 75), Jimmy; Marcos Rodríguez, Iván Moya (Mon, min. 62), Manu Rodríguez; Jordan (Quim Araujo, min. 62), Borja e Teles. 
CARTÓNS: Amarelos para Portela, Catú e Iván Moya.
GOLES: 1-0 22' Jonathan Vila.
ESTADIO: Carlos Tartiere. 9.288 afeccionados con escasa chegada de siareiros branquiazuis. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario