O Compos visitará por primeira vez na historia Astorga. Un encontro en principio asequible para a Esedé onde se buscará sumar o quinto encontro consecutivo sen perder e quinto lonxe de San Lázaro puntuando, despois de caer só en León na segunda xornada. Partido importante na zona media da táboa onde unha vitoria podería poñer á Esedé na sexta praza da clasificación.
Dous equipos que pasan por diferentes xeiras de resultados despois do comezo irregular da tempada. A Esedé comezou con mal pé pero agora mesmo suma catro partidos consecutivos mentres que o Atlético Astorga, que partiu como a sorpresa da categoría, despois de sumar oito puntos nas catro primeiras xornadas sumaron só catro nas sete últimas caendo á zona baixa da táboa, pero aínda sen estar no descenso.
O equipo castelán non pasa polo mellor momento. Suman doce puntos pero, ao igual que o Compos, funciona mellor lonxe do seu campo. En La Eragudina só sumaron unha única vitoria na primeira xornada ante o filial do Valladolid por 2-1. Dous empates máis nas dúas xornadas seguintes como local e dúas derrotas. Cinco partidos onde sumaron cinco puntos e nos que, curiosamente, sempre encaixaron un gol como mínimo. Sete goles a favor e nove en contra demostran que xogar no campo astorgán é un sinónimo de goles. A nivel individual, Diego Peláez e David Bandera son os máximos goleadores do equipo con tres goles cada un.
En canto ás baixas, Lemos pasa polos últimos días lonxe da competición mentres que Portela e Iván Moya non poderían estar na seguinte xornada de ver un cartón en Astorga. Pola súa parte, Cristian Pérez non poderá estar no equipo local por sanción.
En canto á última xornada, os dous equipos chegan despois de empatar nos seus respectivos encontros. O Compos non puido co Murcia en San Lázaro a pesar da superioridade. O Atlético Astorga empatou en Santa Ana ante o Tropezón grazas a un gol de Toño León na segunda metade.
O partido será este sábado ás 16:30 horas en La Eragudina baixo moito frío.
Ningún comentario:
Publicar un comentario