A polo bo camiño

O Compos recibe ao Zamora este domingo só oito días despois da desastre de Astorga, onde os homes de Iñaki Alonso perderon de forma abultada. Un partido ante un rival da zona media da táboa no que a Esedé debe gañar catro semanas máis tarde para recuperar as boas sensacións e as esperanzas por rematar a tempada nos postos de ascenso. 
A décima ocasión na que o equipo zamorano visita San Lázaro, novena en partido de Liga na Segunda B, e a mellor ocasión para rachar a igualdade que hai na historia dos encontros entre eles. Catro vitorias por equipo e un empate, na tempada 2001-02, nun duelo que promete moitos goles, de momento sempre houbo polo menos un gol en cada encontro. En total, a Esedé suma ata 17 goles mentres que o Zamora fixo 13 goles nas súas aparicións no teatro dos soños branquiazuis.
Para este partido, Iñaki Alonso manterá a baixa de Lemos, que mantén problemas despois do seu paso polo quirófano e pasará revisión cos médicos do Deportivo, e conta coa dúbida ata última hora de Ramón, que se mancou en Astorga. Pola súa parte, Roberto Aguirre conta coa baixa de Sergi Mut. 
O Zamora pasa por un momento un tanto contradictorio xa que sobre o terreo de xogo suman unha moi boa xeira de resultados nas últimas datas. Os casteláns gañaron os seus tres últimos partidos, que o quitaron dos postos de descenso anotando ata dez goles, sete lonxe da casa, e sen encaixar ningún mostrando unha gran seriedade defensiva. Nove puntos de nove posibles que se suman aos sete conseguidos nas nove primeiras xornadas do campionato regular. Cinco vitorias, un só empate e outras seis derrotas dun conxunto que ata o de agora suma 17 goles a favor e 14 en contra. En canto aos partidos lonxe da casa, o Zamora sabe moi ben o que é gañar o golear. Coas dúas últimas vitorias en Coruxo e Astorga suman 10 puntos a domicilio, 9 goles a favor e 6 en contra. De feito, só o Valladolid B e o Langreo puideron cos zamoranos. Ademais, xa saben o que é gañar en Galiza esta tempada despois de sumar os tres puntos no Vao e na Malata, onde comezou o ascenso do equipo esta tempada. Por contra, o equipo da Ruta de la Plata non pasa por un bo momento económico xa que non hai cartos nin para pagar aos seus xogadores o mes de novembro, algo que podería axudar á saída dos seus mellores homes no mercado invernal. 
En canto ao ano pasado, á última visita dos homes de Roberto Aguirre a San Lázaro, o Compos gañou e goleou. 4-0 con goles de Fondevila, Jordan e Joselu por partida dobre. Encontro do que só poderían repetir Fondevila, Catú, Manu, Jordan e Castiñeiras dos catorce que utilizou Fredi naquela ocasión.
O partido será este domingo ás 17:30 horas en San Lázaro e televisado pola TVG2, algo que non debería facer que a xente quedase sen ir ao campo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario