Langreo, difícil saída

Despois de dúas vitorias consecutivas, xeira que non encadeaba a Esedé dende o seu retorno á Segunda B, aparece Langreo. Segunda visita a un campo asturiano despois da vitoria en Luanco e a posibilidade de achegarse aos postos de promoción de ascenso. Un encontro que, sen dúbida, será tan complicado como importante para as aspiracións do equipo dirixido por Iñaki Alonso, que dixo que o futuro do equipo pasa polo feito esta fin de semana. 
Chegamos á cuarta parte da tempada nun estadio que históricamente preséntase imposible para a Esedé. Esta será a cuarta ocasión na que o equipo branquiazul visite Langreo, sempre na categoría de bronce, e das tres anteriores o Compos só puido sacar un punto ademáis de dúas derrotas fai xa máis de trinta anos. 
Un encontro nada asequible no que non estará Lemos e onde Teles parte coma seria dúbida ata última hora. Pola súa parte, Otero, Nacho Calvillo e Nuño son baixas no Langreo. 
Os números dos dous equipos son case os mesmos. Suman o mesmo número de puntos os dous, 13, despois de gañar, empatar e perder o mesmo número de encontros. E o máis curioso e que tamén comparten o número de goles a favor, 13. A única diferenza nos datos e a razón pola que o Compos vai por diante son os goles encaixados para cada un xa que o noso equipo é o terceiro con menos tantos en contra, 8, ante os 13 recibidos por Javi Díaz. A nivel individual, Ortiz destaca como máximo goleador asturiano con 4 goles mentres que Manu é o máximo artilleiro branquiazul con 2.
Dúas xeiras positivas en xogo coa vista posta nos postos altos da táboa. O Compos suma ata o momento dúas vitorias consecutivas mentres que os asturianos acumulan tres semanas consecutivas onde superaron ao Atlético Astorga, Zamora e Tropezón na última xornada deixando boas sensacións e tres goles. 
En canto ao rival, na casa sumou sete de doce puntos posibles caendo só ante o Real Murcia, equipo que parece ser o máis duro da categoría e vindeiro rival da Esedé en San Lázaro. Nos catro encontros xogados no Nuevo Ganzábal o gol antóllase moi difícil. Só catro goles anotados en catro partidos e só o Murcia puido superar a porta local, facéndoo ata en dúas ocasións sumando así a única vitoria que fuxiu do estadio langreano.
O encontro será este domingo ás 12 horas sen televisión polo que só poderá seguirse a través das redes sociais e da Radio Galega Música, no Galicia en Goles. 

1 comentario:

  1. bueno, ó final non se puideron traer os 3 puntos, pero alomenos conseguimos 1, seguide así rapaces

    ResponderEliminar