O Compos trae un punto de Las Gaunas

A Esedé volveu de Logroño cun punto tras empatar ante a SD Logroñés nun partido sen goles. Novo encontro con dominio dos homes de Fredi pero con ausencia de fortuna á hora de transformar as ocasións. A mellor nova foi o retorno de Fondevila despois de case dous meses de baixa nun equipo onde Joselu e Nacho compartiron a dianteira. 
Durante os noventa minutos, o Compos tivo o esférico no seu poder e dominou en todo o terreo de xogo a pesar dos primeiros avisos rioxanos. Sen embargo, os santiagueses tomaron o manexo do encontro con Joselu moi activo pola banda esquerda, xa que no centro do ataque estivo Nacho. Sen embargo, o autor da mellor ocasión da primeira metade non foi outro que Fran Pastor antes de cumprirse o cuarto de hora de xogo. 
Pola súa parte, Adrián non tivo case que sufrir xa que o Logroñés estivo totalmente desaparecido en labores ofensivas durante os primeiros corenta e cinco minutos. 
Xa na segunda metade, o Compos saíu con máis intensidade na busca do gol da vitoria. Sen embargo, ante unha defensa moi ben situada no terreo de xogo. De feito, para presenzar a mellor ocasión da segunda metade houbo que agardar ata o último minuto do tempo reglamentario cun disparo obra de Joselu, que se topou unha vez máis co porteiro local. 
De novo sen perigo sobre a porta de Adrián, a Esedé non sufriu para traer un punto, menos do merecido, de Las Gaunas na primeira visita a Logroño desta tempada e antes de dous partidos consecutivos en San Lázaro. 

ALIÑACIÓN: Adrián; Borja Facal, Castiñeiras, Catú, Jesús Varela; Gonzalo; Fran Pastor (Jacobo, min. 63), Taboada (Manu Rodríguez, min. 65), Joselu, Peláez; e Nacho (Fondevila, min. 75).
CARTÓNS: Amarelos para Gonzalo e Borja Facal.
GOLES: 0-0.
ESTADIO: Las Gaunas. 900 persoas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario