A Esedé volve a gañar

O Compos volveu ao camiño da vitoria na casa ante o Caudal cun gran partido en xeral no que Joselu non só viu porta de novo senón que ademais fíxoo por partida dobre. Adrián protagonizou unha das mellores accións do partido parando un penalti na primeira metade, razón pola que o Compos tivo que xogar case unha hora cun xogador menos. 
De principio a fin dominou o equipo santiagués buscando sen demasiada fortuna a porta asturiana. Diante, o Caudal presentou un partido moi defensivo encerrando a gran parte do equipo no seu propio campo intentando frear as acometidas locais. Sen embargo, iso non foi suficiente para evitar que o Compos tivera as mellores ocasións, creadas sobre todo pola banda dereita grazas ás chegadas de Jesús Varela e Jordan. 
Superados os vinte minutos de xogo chegou o máis desexado e merecido. Nova xogada pola dereita que crean Jesús Varela e Manu Rodríguez antes de que o lateral ceda o esférico a Joselu e faga o primeiro gol da tarde na chegada máis perigosa e clara da primeira metade, na que o equipo intentouno sen máis fortuna. 
En canto ao Caudal, na mellor chegada que tiveron na primeira metade conseguiron un premio insuperable. Entra un xogador na área e ao sentir o máis mínimo contacto, inexistente nas repeticións, con Catú tírase ao chan enganando ao colexiado. Penalti e o Compos queda cun xogador menos. Baixo paus Adrián protagoniza a mellor acción da tempada parando a pena máxima. 
Na segunda metade o Caudal quixo aproveitar a superioridade sobre o terreo de xogo pero a defensa santiaguesa evitou tódalas posibles ocasións asturianas. Ademais, para empeorar o seu partido, o encontro igualouse coa expulsión dun xogador visitante. Sen embargo, aínda faltaba algo máis para que o Compos puidera ter o partido tranquilo. 
O segundo gol estaba cada vez máis preto pero non foi ata o tempo de desconto, despois de sufrir corenta e cinco minutos cun partido aberto e no que puido pasar calqueira cousa, cando Joselu puido facer o segundo gol do partido. O Compos rouba un balón e Joselu, xogador máis adiantado aínda en campo propio, recibiu o esférico e correu ata chegar co esférico á área contraria onde supera a Bielsa. 
Tres puntos nunha das semanas máis importantes, onde se xogarán ata nove puntos en sete días, e a pensar no partido deste mércores ante o Celta B. 

ALIÑACIÓN: Adrián; Jesús, Castiñeiras, Catú, Jimmy; Gonzalo; Jordan (Peláez, min. 66), Manu Rodríguez, Óscar (Taboada, min. 39), Jacobo (Borja, min. 78); e Joselu.
CARTÓNS: Amarelos para Jesús, Gonzalo, Manu e Taboada. Expulsado por cartón vermello directo a Catú.
GOLES: 1-0 21' Joselu, 2-0 91' Joselu. 
ESTADIO: San Lázaro. Máis de 800 persoas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario