Novo tropezo a domicilio

O Compos deixouse tres puntos máis en terras asturianas ante un equipo que tivo máis acerto de cara a gol. A sorte esquivou aos santiagueses, que foron superiores sobre o terreo de xogo, e cun só gol de Joselu volven a Santiago despois de demostrar unha vez máis un gran nivel pero con problemas á hora de resolver xogadas. 
Noventa minutos de superioridade branquiazul sobre o terreo de xogo do Municipal de Miramar non foron suficientes para que os tres primeiros puntos a domicilio viaxaran cara Santiago. Un encontro onde os de Fredi non puideron sentirse cómodos ante un equipo que intentou poñer tódolos problemas posibles. 
As ocasións sobre a porta defendida por Dani Rivas sucedéronse a base de xogadas finalizadas por Yahvé, Joselu e Jordan. O porteiro asturiano estivo moi seguro baixo paus evitando que o Compos puidera poñerse por diante dando esperanzas aos seus. O gol estaba preto para os nosos pero, sen embargo, foron os locais quenes se adiantaron antes do descanso. Cun gol de Álvaro Muñiz dende a frontal puideron rematar os primeiros corenta e cinco minutos despois de sumar un gol na única chegada con perigo. 
Xa no segundo tempo os problemas aumentaron. Só dous minutos despois da reanudación chegou o segundo gol local cunha volea de Jandro tras un saque de banda. Un mazazo do que o Compos ergueuse da mellor e máis rápida forma posible xa que só dous minutos posibles Joselu volveu a meter ao equipo no partido cun gol tras un rexeite do cancerbeiro asturiano. 
A partir de aí a Esedé foi a máis buscando a porta en cada ocasión que tiveron. Pero de novo apareceu o porteiro local evitando que o Compos puidera igualar o encontro. E cando mellor parecía estar o equipo e máis cerca o segundo gol, chegou o terceiro dos locais, de novo obra de Álvaro Muñiz, tras unha contra pola banda esquerda. 
Nese momento, co 3-1 no marcador morreu o partido a pesar de restar máis de vinte minutos para o final. O perigo sobre a porta de Dani Rivas non baixou de intensidade pero o asturiano mantivo a seguridade evitando unha gran remontada, que foi convertíndose en imposible co paso dos minutos. 

ALIÑACIÓN: Adrián; Jesús Varela (Jacobo, min. 60), Castiñeiras (Julen, min. 81), Catú, Jimmy; Gonzalo; Manu, Jordan, Peláez (Fran Pastor, min. 73), Yahvé e Joselu. 
CARTÓNS: Amarelo para Manu Rodríguez.
GOLES: 1-0 42' Álvaro Muñiz, 2-0 47' Jandro, 2-1 50' Joselu, 3-1 66' Álvaro Muñiz. 
ESTADIO: Municipal de Miramar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario