A Asturias por tres puntos

Este sábado o Compos terá a súa segunda saída lonxe de San Lázaro na que se buscarán os tres primeiros puntos fóra da casa. Visita a Luanco ante un equipo que en cuestión de catro días terá dous partidos, xa que o da segunda xornada tiveron que aprazar o partido contra o SD Logroñés da pasada fin de semana por petición da propia RFEF, e que chega de xogar outro da Copa Federación contra o Langreo. 
Para este encontro, Fredi perde a Nacho e Taboada, que xogaron ante o Celta este mércores, que se unen ás baixas de Borja Facal, Óscar e Jorge. Pola súa parte, Catú apunta á titularidade despois de recuperarse. No Marino de Luanco, o seu adestrador poderá contar cos vinte xogadores que forman o plantel do conxunto asturiano. 
En canto á pasada xornada, o Compos sumou os seus tres primeiros puntos no partido que enfrontou aos santiagueses co Coruxo. 3-1 para os pupilos de Fredi demostrando que o tropezo en Ourense non é algo que vaia repetirse moito ao longo da tempada. Pola súa parte, o Marino non xoga en liga dende a primeira xornada, onde empataron na visita do Racing de Santander ao Municipal de Miramar. Sen embargo, os dous equipos xogaron este mércores. O Compos demostrou un grandísimo nivel plantando cara ao primeiro equipo do Celta no amigable polas vítimas do accidente de Angrois. Pola súa parte, o Marino de Luanco superou ao Langreo por 3 goles a 0. 
O partido será una reedición do que se xogou fai xa máis de dez anos. Os dous equipos loitaron por entrar na promoción de ascenso nun partido no que o Compos gañou por 0-2 deixando aos asturianos fóra da loita por subir a Segunda A, algo que si conseguiu a Esedé esa mesma tempada, na mellor tempada da historia do Marino de Luanco. 
Esta vez o partido será este mesmo sábado ás 19:30 horas no Municipal de Miramar. Non será retransmitido por televisión en directo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario