A un mes para o comezo da tempada, o Compos segue intentando pechar o plantel. Sen embargo, dúas semanas e media traballando e aínda falta a resposta da estrela do equipo, Joselu, ante a oferta de renovación do clube despois de que Adrián confirmase que defenderá as cores azul e branco unha campaña máis. Ademais aparecen os nomes de Jacobo e Lorenzo, xogadores do Pontevedra que poderían cambiar Pasarón por San Lázaro nas vindeiras horas.
O porteiro menos goleado do Grupo I da Terceira seguirá onde se merece, defendendo a portería de San Lázaro un ano máis. Aínda que fai máis dunha semana que se sabía que Adrián renovaría, o coruñés non confirmou a súa presenza ata este mesmo martes. E coa súa renovación só faltan dúas por confirmarse: Joselu e Tachi, que segue coa longa recuperación da lesión.
En canto ás posibles incorporacións, o clube está preto de pechar as chegadas de Lorenzo e Jacobo, ámbolos dous do Pontevedra. O primeiro é porteiro padronés que xa estivo compartindo vestiario con Adrián en Pasarón e incluso gañándolle o posto ao actual cancerbeiro da Esedé. O outro é un desexo de Fredi xa que puido contar con el no seu paso polo Alondras. Un centrocampista que pode xogar ata en tres posicións e que nesta derradeira tempada demostrou ter gol nas súas botas tras sumar máis de 10 goles coa camisola do equipo granate.
Ningún comentario:
Publicar un comentario