Catro novidades

Despois dunhas horas de auténtico 'shock' polo accidente ferroviario de Angrois, este venres pola mañá o clube anunciou catro novidades de golpe para o plantel en Segunda B. A renovación máis desexada dende o remate da tempada ata agora e tres fichaxes máis. Polo tanto, Joselu quedará unha tempada máis mentres que se confirman as contratacións de Lorenzo e Jacobo procedentes do Pontevedra e Nacho, do Ordes. 
O dianteiro de Palmeira asinou xa a súa renovación o mesmo día que comezarán os adestramentos en San Lázaro. Unha nova moi agardada e que en Santiago quíxose dende o mesmo día que rematou a tempada, algo que se demostrou na celebración do ascenso na Praza do Obradoiro. Sen dúbida a mellor nova posible que puido dar un goleador nato, que entre liga e promoción de ascenso sumou 32 goles a pasada tempada sendo un referente do equipo. 
En canto aos dous recén chegados do Pontevedra, Lorenzo e Jacobo, chegan para reforzar portería e centro do campo. A fichaxe do primeiro, ademais, pode ser tamén mirando ao futuro ao igual que o de Santi Taboada xa que o porteiro padronés ten só 22 anos e chegará con ficha de sub-23. Pola súa parte, Jacobo podería ocupar calqueira posición do centro do terreo de xogo en labores ofensivas. 
Ademais chega tamén a San Lázaro Nacho. Dianteiro chegado do Ordes que soou para reforzar diferentes equipos ao longo do verán. Un xogador con moito gol, autor de 16 goles a pasada campaña en Vista Alegre, e que podería xogar con Joselu formando unha dupla de medo. Ex xogador do Compos, ata xuvenís; Montañeros, Negreira e Coruxo, onde rematou a pasada tempada. 
A próxima semana agárdase que o clube peche a plantilla pensando xa no comezo da tempada. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario