Manu Rodríguez e Borja Facal tamén estarán

Manu Rodríguez e Borja Facal confirman a súa continuidade no Compos unha tempada máis a tarde-noite do luns. Un día onde puidemos coñecer tres xogadores máis que estarán na Segunda B a vindeira campaña pechouse con dúas renovacións moi importantes. Péchase así a que foi a defensa titular en Terceira e un posto máis no centro do campo. 
Manu Rodríguez estará por terceira tempada consecutiva na Esedé despois de dous ascensos moi importantes e onde demostrou ser unha peza importante no centro do terreo de xogo. Un xogador que pode estar en diferentes posicións e sempre cumpre. Sen embargo, esta tempada a súa continuidade no once viuse afectada polas lesións.
Por outra parte, Borja Facal será o dono da banda dereita unha tempada máis. O lateral de Laxe pecha así a defensa titular despois das renovacións de Catú, Jimmy e Manuel Castiñeiras. Un dos habituáis nos esquemas tanto de Anxo coma de Fredi que na pasada campaña, moi longa, só se perdeu catro partidos. 
Por contra, un dos que tampouco seguirá será o dianteiro Marcos Suárez. O santiagués agardemos que sexa a derradeira baixa nun plantel onde só faltan tres xogadores por confirmar a súa presenza: Joselu, Adrián e Tachi, os dous primeiros poderían facelo oficial esta mesma tarde.
E para rematar, o clube fixo oficial dúas datas. Este mesmo venres ás 19 horas será a presentación oficial en San Lázaro e o próximo luns día 29 comezarán os adestramentos pensando xa no partido de Copa Deputación do día 4.

Ningún comentario:

Publicar un comentario