O primeiro día con novidades dende San Lázaro rematou coas dúas primeiras renovacións e unha nova baixa, a quinta. Catú e Gonzalo xa confirmaron que seguirán na Segunda B, e seguro que sendo das pezas máis importantes nos esquemas de Fredi un ano máis. Por contra, Bautista non seguirá no clube despois de dúas tempadas nas que non puido contar con minutos.
Catú voltará a xogar una tempada máis na Segunda B despois de facelo fai xa catro tempadas con ese '5' ás costas demostrando un nivel espectacular no centro da defensa do Compos e abríndose as portas de moitos equipos de España. Un dos xogadores máis importantes do equipo, aínda que comezou con mal pé, e sen dúbida o futuro da defensa branquiazul na volta ao máis alto do fútbol nacional.
Gonzalo, a alma do centro do terreo de xogo, estará unha tempada máis gobernando o xogo do equipo despois de aceptar a súa renovación. Ao igual que Catú, Gonzalo será un habitual dos onces en Segunda B tras demostrar un gran nivel e ser un dos máis importantes do equipo en Terceira. Dono do medio campo e o mellor aliado de Mariño, foi un dos mellores do equipo durante todo o ano e a renovación era máis que merecida.
Pola contra, Bautista deixa a Esedé despois dunha tempada na que apenas puido contar con minutos. Suplente de Jimmy, o pontevedrés apenas puido contar con minutos tendo a gran maioría na primeira volta do campionato. Un gran suplente de Jimmy, que si apunta a seguir un ano máis, que despois de dúas tempadas di adeus camiño a un novo equipo.
Como non, hai que agradecerlle o traballo, o esforzo diario e a implicación sempre que tanto Anxo como Fredi o precisaron. Por todo iso, moitísimas grazas e moita sorte no futuro!
Ningún comentario:
Publicar un comentario