Mariño é o primeiro que atopa xa un novo destino para xogar a vindeira tempada e é a terceira baixa. O centrocampista abandona San Lázaro, estadio que puido ver a mellor versión do santiagués, despois dunha tempada máis tomando o control do equipo e sumando o seu segundo ascenso co Compos a unha categoría nacional despois de ascender tamén a Segunda B.
Un dos típicos nos esquemas tanto de Anxo Casalderrey coma de Fredi na segunda parte do campionato abandona unha vez máis o Compos, esta vez para xogar no Ordes xunto con outros ex compostelanistas como son Rodri e Cabrejo, xogadores cos que compartiu vestiario no seu paso polo Cerceda. Sen embargo, a diferencia da baixa de Martín, Mariño deixa a Esedé por motivos laborais.
Outra das baixas pode ser a de Nogueira que, ao igual que Jacobo, podería saír cedido en busca de minutos.
Sen dúbida, ninguén pode poñer ningún pero ao esforzo e implicación do santiagués no equipo polo que o mínimo que se pode facer é agradecer o seu traballo. Grazas e sorte!
Sen dúbida, ninguén pode poñer ningún pero ao esforzo e implicación do santiagués no equipo polo que o mínimo que se pode facer é agradecer o seu traballo. Grazas e sorte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario