Martín, a primeira baixa

Martín non seguirá na Esedé de cara á tempada 2013/14 na Segunda B despois de que o clube non lle presentase unha oferta para renovar. Así informan dende AXogada.com. Ademais, Jacobo Tato tampouco seguiría no clube branquiazul pero no seu caso a súa saída sería en calidade de cedido a un equipo de inferior categoría.
O extremo, de momento, da Esedé apenas puido xogar esta tempada debido ás lesións. Aínda así puido ter algo máis de 700 minutos en 20 partidos, 8 deles como titular, e firmar 4 goles, dous deles ao Alondras na coñecida goleada por 8-3. Un dianteiro que na primeira tempada no clube, en Preferente, demostrou un gran nivel facendo que se contase con el para a Terceira. 
No caso de Jacobo Tato, o clube espera que atope un equipo onde ter minutos e volver ao Compos con máis experiencia. No caso do centrocampista, el si contou con máis minutos en San Lázaro. Saíu de inicio ata en 19 partidos e dende o banco en 9 máis, 28 en total. O '8' da Esedé foi un dos principais artífices deste ascenso a categoría nacional. E, no seu caso, seguramente quede nun equipo de Terceira división como cedido. 
Sobre o resto, Yahvé, Nogueira, Manu Rodríguez están a horas de desvelar o seu futuro. Ademais Jimmy, Joselu, Adrián, Gonzalo e Germán xa teñen na mesa as súas renovacións.
Para rematar, e como se merecen, agradecer aos dous xogadores o seu esforzo vestindo a camiseta da Esedé. Grazas e sorte! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario