O novo Compos de 2ªB xa ten adestrador confirmado para un novo camiño por categorías do fútbol nacional. Fredi Álvarez, que tomou o control do equipo na xornada 11 antes do encontro ante o Negreira, seguirá ao mando da Esedé unha tempada máis tras asinar a súa renovación dez días despois do remate da tempada 2012/13.
Agora e durante algo máis dun mes, tempo que falta para o comezo da nova tempada, chegarán as novas sobre as fichaxes, renovacións e demais do equipo branquiazul. Ademais falta tamén por coñecerse a composición do grupo no que xogará o equipo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario