Manuel Castiñeiras seguirá!

Se hai alguén que demostra o que é o compostelanismo é Manuel Castiñeiras. O capitán da Esedé defenderá ao seu equipo por terceira tempada consecutiva nesta segunda etapa. Un dos xogadores que sen dúbida máis loita por defender as súas cores dende que en 2002 xogase a súa primeira tempada no equipo santiagués despois de nacer futbolisticamente falando nas filas do Compos. 
Despois de dous ascensos consecutivos o clube pensou en ofrecerlle a retirada dos terreos de xogo e que o santiagués ocupase un posto no 'staff' técnico aproveitando que é un dos xogadores que mellor sabe o que é defender estas cores. Sen embargo, aos seus case 34 anos todavía ten moito fútbol nos seus pés e demostrarao sendo o capitán unha vez máis na Segunda B. 
En canto ao resto, Borja, Jordan, Manu Rodríguez, Yahvé e Adrián aínda non se confirmaron sobre o seu futuro. Pola súa parte, Carlos Hortal, que non chegou a debutar coa camiseta do Compos, xogará a vindeira tempada no Rápido de Bouzas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario