Diego Peláez, unha das grandes estrelas do equipo en Terceira, seguirá un ano máis defendendo as cores azul e branca. Un ano máis San Lázaro será a casa do mediapunta santiagués tras confirmarse a súa renovación este mesmo mércores, despois de catro días sen ningunha nova oficial desde San Lázaro.
Co '19' ás costas, Diego Peláez demostrou un gran nivel sempre que as lesións llo permitiron. Un dos mellores aliados de Joselu, fabricante de grandes ocasións e un referente no ataque do Compos na pasada tempada. Sen embargo, una lesión apartouno dos terreos de xogo durante varios meses. En Ferrol mancouse e despois de tres meses de recuperación volveu ante o Bergantiños para xogar o último cuarto de hora. Ademais foi o autor de tres goles ao longo da tempada firmando o primeiro ante o Cerceda, o segundo ante o Narón e o terceiro ante o As Pontes no derradeiro partido de Liga.
Unha gran nova cara á vindeira tempada nun día onde tamén se coñeceu a baixa de Manuel Castiñeiras, co que o clube intenta negociar a súa retirada para que forme parte do 'staff' técnico, aínda que non hai nada oficial. Ademais, Joselu e o clube xa negocian a renovación do mellor dianteiro de Galiza co que xa parece haber un principio de acordo.
En canto ao resto, Adrián parece ser o seguinte en coñecerse a súa renovación e antes do venres coñeceranse todas ou case todas as respostas dos xogadores que lograron o ascenso para comezar coas novas incorporacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario