Confirmado: somos de Segunda B!

Un día máis tarde de coñecerse que a RFEF pedía un aval importante para que o Compos puidera xogar na Segunda B chega a mellor nova por parte do clube. Finalmente o equipo si poderá xogar na categoría de bronce despois de que a directiva do conxunto compostelán traballase todo o día intentando arranxar todo o antes posible. Ademais outros equipos, institucións e afeccionados axudaron para que o soño da Segunda B sexa realidade. 
Agora, a algo máis dun mes para o comezo da liga é o momento de formar un equipo competitivo co que seguir ascendendo ata chegar ao máis alto. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario