Porque non todo pode ser bo

Días despois de consumar un novo ascenso a Segunda B, categoría nacional, chegan os primeiros problemas coa Real Federación Española de Fútbol. Problemas que chegan debido á mala xestión de Caneda nos seus últimos anos ao mando da Esedé. E é que a actual directiva deberá presentar un aval de 400.000 euros antes do martes ás 00:00 horas para que o equipo poida ser viable.
Chega o momento máis importante para Santiago. Despois de superar o obxectivo deportivo, o novo obxectivo é conseguir en catro días os cartos para que o equipo poida seguir existindo. Fará falta a axuda do Concello e dos empresarios composteláns para que o equipo da capital galega poida manter o camiño á élite despois de dous ascensos en dúas tempadas.
Unha nova que chegou coma un xerro de auga xeada á afección branquiazul nestes momentos de celebracións despois do retorno ao fútbol nacional conseguido de xeito deportivo. Sen embargo, pouco máis se pode facer que agardar a que a directiva arranxe todo e poida manterse o equipo na categoría que se mereceu deportivamente despois de 44 partidos e de moito traballo e sufrimento. 
Porque non deben quitarnos nos despachos o que nos gañamos no terreo de xogo. FORZA COMPOS! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario