Cambio de mando

 Novos socios, novas ideas e novo adestrador. O Compos xa conta cun novo técnico de cara á nova tempada na Segunda Federación logo de non contar con Juan Carlos Andrés. O adestrador vigués, que pechou a tempada cun doloroso resultado, só puido sumar dous meses á fronte dun equipo co que conseguiu xogar a fase de ascenso, mais sen acadar o tan desexado ascenso. 

 Chegado no mes de abril a un equipo afundido, conseguiu, con traballo, superar os problemas e meter ao Compos nunha fase de ascenso onde mereceu estar durante todo o curso. Seis partidos de liga onde foi quen de sumar dous triunfos como local, dous empates e dúas derrotas. Uns números mellorables, semellantes aos do principio da competición, pero conseguindo ter enchufado ao equipo de cara á segunda parte da competición. 

 Na fase de ascenso, perdeu a partida en cuestión de quince minutos. Dunha vantaxe de tres goles a falta de quince minutos para o final do partido de ida a rematar o mesmo só con un tanto por riba de cara a unha volta en Tarazona que se presentaba difícil. En Aragón, o seu equipo non sufriu en exceso e incluso gozou dalgunha oportunidade para encamiñar a eliminatoria. Non obstante, volveu sufrir nos últimos intres encaixando dous goles nos últimos cinco minutos que o mandaron para a casa antes de tempo. 

 Ao adestrador vigués, desexarlle moita sorte no seu futuro fóra dun Compos que podería anunciar o novo adestrador nas vindeiras horas destacando o nome dun sucesor que coñece ben a Segunda Federación logo de dúas tempadas adestrando nun rival branquiazul. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario