'Peregrinando cara un soño'

'Peregrinando cara un soño'. Así nomea o clube a nova campaña de abonados de cara á vindeira tempada, na que semella que o obxectivo será o ascenso á Segunda división B. Uns abonos con prezos que se rebaixan nun 5% con respecto ao ano pasado co obxectivo de aumentar entre un 15 e un 20% o número de afeccionados en cada partido en San Lázaro. 
Ademais da baixada de prezos, o equipo tamén pon a disposición de todos a posibilidade de pagar o abono en dúas quendas, xuño e novembro, a través de domiciliación bancaria. E, para manter a promoción destes últimos anos, haberá descontos para todo aquel que se faga socio antes do 4 de agosto. Lembrade ademais que serán todos para a bancada de Tribuna, agás os de Palco VIP.
Os prezos entre o 26 de xuño e o 4 de agosto son os seguintes: 
Tribuna xeral: 90 €
Palco VIP: 250 €
Menores de 12 anos: 0 €
Rapaces entre 13 e 18 anos: 30 €
Xubilados, desempregados de longa duración e universitarios de ata 25 anos: 75 €
E os prezos durante a primeira volta, dende o 7 de agosto, son os seguintes: 
Tribuna xeral: 115 €
Palco VIP: 300 €
Menores de 12 anos: 0 €
Rapaces entre 13 e 18 anos: 45 €
Xubilados, desempregados de longa duración e universitarios de ata 25 anos: 90 €
Hai que destacar tamén que este ano haberá 2 días do clube, polos que haberá que pasar tamén por taquilla, mentres que o 'II Memorial Antonio Bermúdez' será de balde para abonados. Outra cousa importante é que non entra a promoción de ascenso, aínda que se poderían repetir os descontos para abonados nas entradas ao igual que hai catro tempadas. 

Héctor Angueira deixa o clube. 
Logo de seis tempadas no clube, o masaxista Héctor Angueira deixa a que foi a súa casa durante todo este tempo. Logo de aceptar unha renovación á baixa o pasado ano, este ano decidiu non aceptar de novo unha baixada de salario. Unha baixa importante dun home achegado aos xogadores nestes anos. Un profesional que o clube buscará substituir nos vindeiros días, antes de comezar a pretempada, durante o mes de xullo. 

Róber Fernández xa foi presentado. 
Para rematar, hai que lembrar que Róber Fernández xa foi presentado o pasado xoves nas instalacións de 'Segundo Rey S.L.' no Polígono do Milladoiro. O extremo de Porriño, que chega procedente do Choco, afirmou ter máis ofertas a parte da branquiazul pero "en Galicia, o Compos é un equipo referente, polo que foi fácil". 
Para máis declaracións, na web oficial do clube recóllese o mellor da presentación dun futbolista que chega para marcar diferenzas de cara a gol. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario