O Real Madrid 'C' gaña o Trofeo Manolo Martín

O Real Madrid 'C', que chegou por sorpresa cando se agardaba ao segundo equipo, levouse a XXXI edición do Trofeo Manolo Martín nun encontro onde non se puido ver moi bo fútbol pero si un bo ambiente nas bancadas, gran parte formado por xente nova. Un encontro que se decidiu por un só gol de Alberto na segunda metade. 
O equipo da capital española mostrou un xogo mellor, demostrando estar máis rodado ata o momento nesta pretempada. Unha presión elevada dificultando a saída de balón local e conseguindo que os xogadores do Compos non puideran poñer en perigo a Sergio. Pola súa parte, durante os corenta e cinco primeiros minutos, Lucas demostrou un nivel alto baixo os paus evitando que os blancos chegasen ao descanso por diante no marcador. Pola súa parte, Mensha tivo a mellor da primeira metade cun gol que foi anulado. 
Na segunda metade máis do mesmo. Un partido pouco vistoso, sen moitas ocasións, e que se decidiu aos dez minutos da reanudación cunha falta directa que non conseguiu atrapar Raúl, que mostrou un bo nivel a pesar do erro.
Co resultado en contra, o Compos reaccionou achegándose á porta rival con perigo pero sen sorte. Ademais, os trocos feitos por Iñaki Alonso serviron para que o equipo tivera máis opcións de conseguir, polo menos, un empate que non chegou nun final emocionante onde o xogo trocou de mans. 
Finalmente, o Real Madrid volve a casa co trofeo e a Esedé xa pensa no partido ante o Racing de Ferrol do xoves, primeiro partido oficial en San Lázaro. 

ALIÑACIÓN: Lucas (Raúl, min. 46); Luis Bragado (Josu, min. 78), Alcañiz, Catú, Mateo; Marcos Rodríguez, Moya (Jordan, min. 78); Javi Lorenzo (Lemos, min. 78), Iván Pérez (Mon, min. 73), Manu Moreira (Quim Araujo, min. 78); e Mensha (Rial, min. 73).
CARTÓNS
GOLES: 0-1 55' Alberto.
ESTADIO: San Lázaro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario