Josu, o primeiro en chegar

Xosé María Gómez Docampo, máis coñecido como Josu, é a primeira fichaxe da Esedé para a vindeira tempada. Lateral dereito de case 30 anos, e que chegará do Ourense, recentemente descendido á Terceira, no que pasou a súa carreira deportiva. Máis de 250 encontros defendendo as cores do equipo ourensán, 85 deles na Segunda B rematando como capitán. 
A chegada de Josu aumenta a nómina de xogadores defensivos na Esedé despois das renovacións de Catú e Castiñeiras, ás que hai que sumar as de Jordan e Fondevila. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario