Este domingo, o Compos pechou a segunda fichaxe da tempada. Manu Moreira chega a San Lázaro procedente do Guijuelo. O salmantino de 25 anos é un interior que pode xogar polas dúas bandas e xa con experiencia na categoría de bronce despois de dúas tempadas defendendo as cores do conxunto 'chacinero'.
Interior que pode xogar nas dúas bandas, con velocidade e desequilibrio no man a man ante os defensas. A pesar de ser diestro, o seu forte é o xogo pola esquerda aproveitando os seus disparos potentes a perna cambiada. Ademais, xa fixo once goles nas dúas últimas tempadas chegando desde segunda liña. Características que fixeron que o salmantino xogase 34 dos 38 encontros da pasada campaña nas filas do Guijuelo entre liga regular e promoción de ascenso á Segunda división.
Pola contra, Joselu confirmou a súa marcha ao Racing de Ferrol, polo que asina por tres tempadas con opción a unha máis. A súa despedida nas redes sociais deixou moito que desexar e provocou moitas críticas na familia braquiazul.
Ningún comentario:
Publicar un comentario