Como sabemos, o Compos xa está clasificado para a promoción de ascenso á Segunda B a falta de dúas xornadas. Dúas xornadas nas que haberá non só que preparar os partidos da promoción senón ademais intentar asaltar unha vez máis a terceira praza da clasificación, que agora ocupa o filial do Deportivo. Dous partidos nos que o Compos terá que visitar ao Ordes e recibir ao As Pontes mentres que o Fabril visitará ao Narón e recibirá ao Pontevedra, catro equipos que non se xogarán nada pero que loitarán por rematar a tempada da mellor forma posible.
Pero de momento a Esedé é cuarta e, neste momento, habería que xogar na primeira ronda contra un segundo de outro grupo sendo a ida en San Lázaro e a volta lonxe de terras compostelanas. De pasar habería que xogar dúas rondas máis, unha delas na que entrarían terceiros e campións derrotados na primeira volta e outra entre gañadores da fase anterior, a porta final á categoría de bronce.
Ata o de agora, a falta de dúas xornadas en tódolos grupos menos nos de Murcia e Aragón, onde falta só un partido, os posibles rivais son os seguintes:
G2 (Asturias): Universidade de Oviedo (2º, 69 puntos), Langreo (3º, 68 p) ou Covadonga (4º, 66 p).
G3 (Cantabria): Tropezón (1º, 80 p) ou Raio Cantabria (2º, 77 p).
G4 (País Vasco): Laudio (1º, 75 p) ou Arenas Getxo (2º, 75 p).
G5 (Cataluña): Olot (1º, 78 p), Cornellá (2º, 75 p) ou Europa (3º, 72 p).
G6 (Comunidade Valenciana): Alzira (1º, 69 p), Novelda (68, p), Elche Ilicitano (3º, 67 p) ou Castellón (4º, 62 p).
G7 (Comunidade de Madrid): Collado Villalba (1º, 65 p), Puerta Bonita (2º, 64 p), Trival Valderas (3º. 64 p), Pozuelo (4º, 62 p), Unión Adarve (5º, 62 p), Carabanchel (6º, 61 p) ou Parla (7º, 60 p).
G8 (Castela e León): Burgos (1º, 84 p), Cultural Leonesa (2º, 79 p) ou Arandina (3º, 79 p).
G9 (Andalucía Oriental e Melilla): Mancha Real (1º, 69 p), El Palo (2º, 68 p), Atlético Malagueño (3º, 67 p), Linares Deportivo (4º, 67 p), Granada B (5º, 66 p) ou Villacarrillo (6º, 64 p).
G10 (Andalucía Occidental e Ceuta): Alxeciras (1º, 72 p), Córdoba B (2º, 69 p), Coria (3º, 67 p) ou Mairena (4º, 64 p).
G11 (Illas Baleares): Poblense (2º, 69 p) ou Formentera (3º, 64 p).
G12 (Illas Canarias): As Palmas Atlético (1º, 79 p), Atlético Granadilla (2º, 77 p) ou Estrella (3º, 71 p).
G13 (Murcia): Cieza (2º, 67 p) ou Mar Menor (3º, 66 p).
G14 (Extremadura): Don Benito (2º, 77 p), Badaxoz (3º, 76 p) ou Diter Zafra (4º, 74 p).
G15 (Navarra): Mutilvera (1º, 74 p) ou San Juan (2º, 74 p).
G16 (A Rioxa): Haro (1º, 89 p) ou Alfaro (2º, 88 p).
G17 (Aragón): Sariñena (1º, 81 p) ou Andorra (2º, 81 p).
G18 (Castela-A Mancha): Conquense (2º, 70 p) ou Azuqueca (3º, 65 p).
Ningún comentario:
Publicar un comentario