O Ebro, o primeiro escollo

O Compos terá que visitar unha vez máis terras aragonesas nunha fase de ascenso á Segunda B. Catro anos máis tarde da última visita branquiazul a Monzón, tocará visitar El Carmen, estadio do Clube Deportivo Ebro, equipo do barrio zaragozano de La Almozara. Un equipo que rematou na terceira posición, posto que gañou na derradeira xornada no grupo 17, o grupo de Aragón. 
O CD Ebro xogará por segunda vez na súa historia unha fase de ascenso á Segunda B despois de facelo na 2001/02. Un equipo que nunca na súa historia xogou na categoría de bronce do fútbol nacional e que chega a esta promoción despois de finalizar a mellor tempada da súa historia. Fundado en 1961, o CD Ebro xogou xa 16 tempadas en Terceira. 
Nesta tempada, os aragoneses lograron os mesmos puntos que o Compos: 73. 21 victorias, 10 empates e 7 derrotas. Un equipo que anotou dous goles máis que o Compos: 66, pero que encaixou 40, 12 máis que o equipo santiagués. Un equipo que se clasificou na derradeira xornada tras gañar ao Atlético Monzón nun partido onde o gañador sería o rival da Esedé. Contan, ademais, con Arribas, terceiro máximo goleador do grupo aragonés con 19 goles. 
A ida será este domingo en San Lázaro mentres que a volta xogarase no El Carmen.
O resto dos enfrontamentos con equipos galegos son: Laudio-Racing de Ferrol, Cortes-Celta B e Deportivo B-Cornellà. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario