Fai uns meses chegou á Esedé un defensa de 29 anos procedente do Vilalonga. Un central de calidade pero que chegou mancado ás filas branquiazuis. Traballou duramente ata recuperarse e gañarse un posto no once inicial compartindo o centro da zaga con Catú. De ver os partidos dende a bancada a ser titular indiscutible anotando ata catro goles moi importantes. Pero ante o Pontevedra, Tachi viu un cartón vermello polo que non puido estar ante o Celta B. Un partido de sanción... e pode que non volva a xogar máis no que resta de tempada.
No adestramento deste luns, o central sufriu unha dura lesión que pode deixalo fóra do que resta de tempada, promoción de ascenso incluida. Para ser exactos, Tachi sufre unha rotura do tendón de Aquiles e non parece que poida xogar ningún partido oficial do que queda de tempada polo que xa deberíamos esperalo para a Segunda B, categoría para a que xa demostrou ter nivel.
Dende aquí só queda desexar a máis pronta recuperación a Tachi, o gran '14' do Compos que xa tiña gañado o cariño da bancada de San Lázaro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario