Un raio de luz

 Compos e Langreo deixaron sobre o verde do Vero Boquete un partido un tanto complicado. Moito respecto, ou medo, entre dous equipos que se vían as caras por terceira vez en algo máis de medio ano. Un partido sen grandes xogadas, sen ocasións de perigo e que nos deixou unha despedida fría pero, á vez, feliz. Os trocos, unha semana máis, volveron cambiarlle a cara ao equipo e foi un deles, Pablo Durán, o que anotou o gol do triunfo. 

 Do primeiro tempo pouco se pode contar. Moitos pases horizontais e atrás, cos defensas moi participativos neste aspecto e sen oportunidades de perigo. Sen apenas interrupcións nin xogo nas áreas, chegouse ao tempo de lecer co único desexo de que o segundo tempo fora un pouco mellor, sendo a peor primeira parte dos nosos en toda a tempada. 

 Si se pode falar dunha oportunidade para os visitantes, a cinco minutos para o final do primeiro acto, cunha parada en dous tempos de Pato. Sería a única ocasión en todo o partido para un Langreo que chegou a Santiago sen intención de arriscar nin o máis mínimo. 

 Durán revoluciona ao equipo. 

 Co paso por vestiarios chegou tamén a entrada no terreo de xogo de Pablo Durán. O dianteiro cambiou a cara dun Compos que en ataque non demostrou nada antes, con Escudero totalmente desaparecido. O de Tomiño non precisou máis de dous minutos para poñer en serios apuros ao porteiro visitante a centro de Parapar, moi activo por banda sobre todo no segundo tempo. 

 A primeira non entrou pero deixou unha mostra de que o equipo melloraría nesta segunda metade. Coa entrada de Baleato e Jordan tamén melloraría unha zona de creación sen protagonismo. E tería que ser, a menos de quince para o final, unha xenialidade de Pablo Durán a que decantara o partido cada o noso lado. Un disparo dende a frontal axustado ao pau ante o que nada puido facer o gardameta. O segundo, e último, disparo dos nosos e gran efectividade para sumar de tres. 

 Aguantar o resultado non foi nada doado. Sen grandes ideas, con máis corazón que fútbol, o Langreo intentouno mais sen sequera incomodar á defensa. Só nunha chegada, ante a que interviu Pato á perfección, puido chegar algo de perigo nun final onde se puido ver a estrea co primeiro equipo de Santi de Prado, xogador do Sigüeiro. 

 Finalmente, o equipo conseguiu encadear a súa terceira vitoria consecutiva despois de case dous anos cando só falta unha cita, en Xixón o sábado, para poñer punto e final a este 2021 que deixará a un Compos en postos de promoción de ascenso á Primeira RFEF. 

1 comentario:

  1. The Casino is the Most Trusted Choice for Poker
    You can choose 강원도 출장마사지 to 천안 출장샵 use the game of poker and other games from 동해 출장마사지 anywhere in the world. From our large selection 제주도 출장샵 of specialty games 부산광역 출장마사지 to our high-quality

    ResponderEliminar