Queiruga, dous anos e cesión

 Queiruga chegou ao primeiro equipo do Compos o pasado verán. Logo dun ano cedido nas filas do Puebla, o canteirán do Deportivo e que rematou a súa preparación no xuvenil do Compos probou sorte na Terceira división substituindo a Soto ou Casas cando foi necesario. Agora, renova por dúas tempadas e pasará a primeira nun equipo da Terceira división en calidade de cedido. 

 A súa carreira senior arrincou nas filas do Puebla de Preferente. Foi, de principio a fin, un habitual no once titular quedando ás portas dos 3.000 minutos totais en liga e vendo un total de 14 cartóns amarelos, ningún vermello. Un ano de cesión que lle abriu as portas do Compos de Yago Iglesias no que non chegou a ter tanta sorte. Terceiro central por detrás de Soto e Casas, xogou só nun total de 5 partidos en liga e 2 de Copa Federación superando os 400 minutos de xogo. 

 Agora, a súa carreira apunta á Terceira galega antes de regresar á Esedé con algo máis de experiencia para un futbolista aínda en idade sub-23. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario