Fóra antes de tempo


Só noventa minutos durou a andaina do Compos pola XXIX edición da Copa Deputación. O conxunto branquiazul caeu en San Lázaro, no de Noia, ante o Noia CF nun mal partido onde un gol no primeiro minuto foi suficiente para dar o pase aos locais a oitavos de final, onde se enfrontarán ao CSD Arzúa o domingo, que bateu ao Flavia nun partido tolo cun 2-4 final.

Mal arrinque. 
O encontro case non comezara e o Compos xa ía por debaixo no marcador. Abelenda non precisou máis dun minuto para asinar o primeiro tanto logo dunha xogada combinativa. Por contra, a boa nova para os noieses chegou acompañada doutras dúas non tan boas. E é que Tachi e o propio Abelenda non aguantaron o ritmo e caeron mancados na primeira media hora de xogo. 
De feito, pouco máis se pode contar do que foi o primeiro tempo. O Compos non mostrou melloría, cometeu erros importantes en ataque e case non puido probar a portería local. 

E insuficiente segunda metade. 
Con Róber no lugar de Santi o equipo pareceu ter máis sorte de cara a porta. Sorte pero non puntería. Presión alta pero insuficiente para poñer en perigo ao porteiro local. De feito, non houbo ocasións branquiazuis ata o treito final agás un disparo de Mon que atrapou sen problemas o gardamallas.
O Noia puxo de novo o perigo coa mellor ocasión cun disparo que petou na cruceta mais o Compos puido rematar o encontro co empate. Xa no engadido chegaron tres ocasións ante as que o porteiro meteu a man evitando os penaltis. Antes, Róber mandou a pelota ao longueiro.

Mal resultado para o Compos a 18 días do comezo da tempada con, agora mesmo, dous partidos máis de preparación antes do final da pretempada.

ALIÑACIÓN: Lucas; Sergio, Cardeñosa, Uña, Naveira; Casas, Mon, Ares, Tomás, Rubén; e Santi (Róber, min. 46).
CARTÓNS:
GOLES: 1-0 1' Abelenda.
CAMPO: San Lázaro de Noia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario