Segundo reforzo


Dende A Coruña chega o segundo reforzo do Compos 2017/18. Álvaro Naveira asina por unha tempada procedente do Deportivo B co que conseguiu o ascenso nunha tempada histórica para o conxunto coruñés. Un lateral de 20 anos que afrontará a súa primeira experiencia fóra da casa logo de xogar toda a súa vida nas filas do Depor, chegando dende o máis baixo ata o primeiro equipo, co que xogou algúns amigables e participou en adestramentos.
Álvaro Naveira, nado na Coruña hai algo máis de 20 anos, chega para cubrir o posto de lateral esquerdo cun gran futuro e que non tivo sorte nas filas do equipo coruñés. Agora, o defensa cun gran futuro por diante buscará facerse co posto que deixa vacante Cabrejo logo da súa retirada sendo o único dono da demarcación a pasada campaña. E chega logo de formarse no Deportivo toda a súa vida chegando incluso a debutar co primeiro equipo nalgún que outro amigable. 
Dúas tempadas no Deportivo B, compartindo partidos co xuvenil na primeira, chegando nas dúas á promoción de ascenso aínda que sen sorte no campo xogando un total de seis partidos na última tempada e media debutando a pasada campaña ante o Cerceda. Este curso, pola súa parte, disputou cinco partidos de liga, tres coma titular, nos que o equipo só encaixou un gol con el sobre o terreo de xogo. 303 minutos en total, sendo eses 3 os que xogou ante o Compos na primeira volta xa co 5-1 no marcador. 
Trátase dunha incorporación importante que chega para ser titular na banda esquerda branquiazul e coa intención de sumar o seu segundo ascenso consecutivo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario