David Nogueira non pode seguir


Nas últimas horas apareceu na prensa os posibles motivos ou tempos que lle deu o clube a cada un dos tres xogadores que faltaban por confirmar se seguen no equipo ou non. Tomás ten ata final de semana, Recoba está á espera de saber se fará vida definitivamente en Santiago e Nogueira dependía da súa vida fóra dos campos de fútbol, do traballo. E foi por este motivo polo que o dianteiro santiagués non pode seguir nas filas do equipo branquiazul. 
David Nogueira chegou ao Compos na tempada 2012/13 procedente das filas do Pontevedra logo de pasar tamén polo Conxo, equipo no que se formou, Santiago de Compostela e Grixoa, ao que volvería logo do seu primeiro paso pola Esedé. Nesa primeira etapa puido xogar apenas 230 minutos nunha tempada na que o equipo conseguiu o ascenso á Segunda B. Logo saiu cedido cara ao Grixoa.
Grixoa e Estudiantil cruzáronse no camiño do dianteiro compostelán durante os tres anos seguintes e a volta do Compos á Terceira división supuxo tamén a súa volta a casa. Un bo ano dun dianteiro que cumpriu con creces en cada partido coa camisola branquiazul anotando un total de 6 goles en 35 partidos, 16 deles saíndo no once titular e completando un total de 12. 1.884 minutos de xogo onde demostrou un gran nivel e nos que se gañou o cariño da afección branquiazul con cada pelexa polo balón. 
Unha baixa importante, dura, e que deberá cubrir o clube no mercado. Soa para o seu posto dende hai semanas o xogador do Choco Diego Silva. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario