Novo filial

O mesmo día que se anunciaron os prezos dos abonos de cara á vindeira tempada, o clube fixo oficial tamén o novo filial da SD Compostela. Logo de que Estudiantil e Ponte-Camporrapado deixaran de formar parte da base branquiazul, o segundo logo de ter problemas na categoría na pasada tempada chegando a perder fóra dos campos toda a segunda volta consumando o descenso a Terceira Autonómica e a súa desaparición, o Zona Vella CF será o novo filial da Esedé.
O Zona Vella é un equipo de Santiago fundado no ano 2006 e que milita no grupo 5 da Segunda Autonómica, onde se enfrontou este ano co Ponte-Camporrapado, quedando décimo na clasificación. O equipo da capital terá agora a posibilidade de ser a ponte entre o xuvenil compostelanista e o primeiro equipo co obxectivo de ascender a vindeira tempada á Primeira Autonómica. 
A pasada tempada, o Zona Vella acadou o décimo posto da táboa logo de sumar 54 puntos en 35 partidos, nunha competición con 19 equipos e na que non se contou a segunda volta do Ponte-Camporrapado. 14 vitorias, 12 empates e só 9 derrotas, sendo o cuarto equipo que menos veces caeu. 51 goles a favor e 49 en contra. Un equipo que, con algunha axuda que poida chegar da base branquiazul, podería conseguir ese desexado ascenso de categoría. Ademais, conta no seu palmarés con dúas Copas de Santiago seguidas, a última gañada hai só uns días ante o Fátima. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario