8 de maio


Hoxe só podemos traer un precedente do noso Compos. Data do ano 1994, algo máis de mes e medio antes de visitar o Carlos Tartiere nun día histórico, co Real Murcia como rival. San Lázaro acolleu a penúltima xornada de liga con vitoria e goleada local.

8 de maio de 1994. 
Xornada número 37 nunha Segunda división con 20 equipos. O Compos, que visitaría ao CD Castellón na última xornada, debía gañar os dous últimos encontros para certificar a súa presenza na promoción de ascenso. E o primeiro en caer sería o Real Murcia na capital galega, equipo que remataría a tempada perdendo a categoría rumbo á Segunda B. 
Con Fernando Castro Santos no banco da Esedé e Iru, Víctor, Bellido, Modesto, Nacho, Bodelón, Fabiano, Abadía, Skocic, Moure e Pichi Lucas no once titular, aos que sumar a Lalo e José durante o segundo tempo, o Compos desfíxose do Real Murcia con ata catro goles durante a segunda metade con dous tantos de Moure e outros dous de Pichi Lucas. Unha vitoria que deixaba o terceiro posto a tres puntos de xeito matemático.

Ningún comentario:

Publicar un comentario