28 de maio


Chegamos a un día no que, nos últimos anos, é moi difícil atopar un precedente en categorías nacionais. De feito, hai 17 anos que o Compos non xoga tal día coma hoxe atopando dous partidos entre 1995 e 2000 nas máximas categorías do fútbol español e, ademais, ambos a domicilio.

28 de maio de 1995.
Hai hoxe 22 anos, o Compos visitaba La Romareda con case nada en xogo por parte dos nosos, que remataban a primeira tempada na máxima categoría coa permanencia. Un enfrontamento que rematou con oito goles e derrota da Esedé nun partido igualado que se desnivelou no segundo tempo coa superioridadde dos xogadores maños
O once do Compos formado por Iru, Bellido, Toño Castro, Goyo, Modesto, Lekumberri, Abadía, Fabiano, Passi, Ohen e Arensoe, non puido cun Zaragoza que rematou con dez xogadores logo da expulsión de Cedrún, o porteiro, a doce minutos para o final. Antes, Poyet e García Sanjuán puxeron os dous primeiros tantos nos dez primeiros minutos de xogo. Fabiano recortou diferenzas cinco minutos despois pero Pardeza non tardou nin tres máis en recuperar os dous tantos de distancia. E o primeiro tempo rematou cun novo gol branquiazul, neste caso de Arensoe para meter aos galegos no partido con toda a segunda parte por xogarse. Segunda parte na que Esnáider fixo dous goles antes dos vinte minutos encarrilando a vitoria local, que non se puido evitar nin co gol de Ohen xa nos minutos finais.

28 de maio de 2000.
Máis sorte houbo cinco anos despois na visita da Esedé ao Heliodoro Rodríguez López. Visita ao Tenerife na penúltima xornada na Segunda división e con practicamente nada en xogo. Tanto foi así que os dous equipos remataron sen facerse dano, con todo moi igualado. 
O noso Compos saltou ao terreo de xogo cun once formado por Rafa Gómez, Biscay, Bellido, Saula, Adriano, Hoekstra, Díaz, Fabiano, Lekumberri, José Manuel e Changui, aos que engadir a Mauro, Sion e Cabrejo. Un partido que rematou sen goles, con todo moi igualado e que acabou, incluso, co capítulo de cartóns tamén igualado. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario