Restan sete xornadas só para o final da liga, para o final da tempada regular. 21 puntos en xogo e todo por decidirse no máis alto da clasificación. Para iso traémosvos uns poucos datos, resumidos, sobre o que queda ata o final.
COMPOS:
Tres partidos en San Lázaro e catro a domicilio. En toda a primeira volta non perdimos contra ningún dos rivais ante os que hai que xogar sumando dúas vitorias e cinco empates, un deles sen goles en San Lázaro.
Comezamos visitando ao Órdenes, pechacancelas e xa descendido. Na primeira volta non se puido pasar do empate sen goles nun moi mal partido por parte dos nosos. Na última visita, por contra, sumouse a cuarta vitoria en Vista Alegre nas catro visitas da Esedé ao campo ordense na Terceira división.
Unha semana despois recibiremos ao Vilalonga. En San Pedro non puidemos pasar do empate na primeira volta con goles de Iker ao arrinque do partido e de Recoba no engadido para sumar un novo empate. O equipo do Salnés nunca conseguiu facerse cos tres puntos en San Lázaro (2 vitorias locais e 2 empates) e na súa última visita o resultado foi de 2-0.
Unha das grandes citas chegará no Baltasar Pujales na xornada 34. Visitaremos ao Rápido de Bouzas metido de cheo tamén na loita. Na primeira volta non se puido pasar do empate a un gol, obra de Mitogo para os nosos. Menos sorte houbo na última visita a Vigo, onde os locais conseguiron a que foi ata o de agora a súa única vitoria sobre a Esedé en 5 partidos (3 vitorias, 1 empate e 1 derrota).
O descenso tamén pasará por San Lázaro coa visita do Choco na xornada 35. Na primeira volta, en Redondela, o partido rematou en empate con gol de Tomás. Na súa última visita a San Lázaro perderon por 2-0 na terceira vitoria branquiazul sobre os redondeláns en tres partidos xogados.
Outra das citas importantes para o Compos será en O Roxo na xornada 36. O único campo dos que quedan por diante onde o noso equipo aínda non sabe o que é gañar en liga. Ben é certo que tamén se trata dun dos equipos fortes que non puido puntuar en San Lázaro grazas a dous goles de Tomás. En O Roxo, na Terceira, sumouse un empate e unha derrota na última visita.
A última cita en San Lázaro antes dunha posible promoción será ante o Negreira, outro rival que podería chegar sen nada en xogo ao partido ante o Compos. Na primeira volta houbo un reparto de puntos grazas a un gol de Cardeñosa. A única visita do Negreira a Santiago na Terceira división rematou con vitoria branquiazul por 2-0.
E pecharemos a liga en Barbadás no mes de maio. Un campo que só visitamos nunha ocasión e do que volvimos cos tres puntos grazas a unha vitoria pola mínima. A mesma sorte, aínda que cun resultado maior, a houbo na primeira volta grazas aos goles de Martín e Santi nos dez últimos minutos.
Botando unha ollada tamén aos enfrontamentos con rivais directos na loita: superamos ao Arousa (0-0 e 4-0) pero perdemos con Bergantiños (4-2 e 3-1), Deportivo B (5-1 e 0-2) e Racing Vilalbés (1-0 e 2-0).
Así quedaron o resto de enfrontamentos na primeira volta:
Xornada 13:
Bergantiños-Arousa 2-0
Racing Vilalbés-Deportivo B 1-0
As Pontes-Rápido de Bouzas 0-0
Alondras-Cerceda 1-3
Xornada 14:
Deportivo B-Ribadumia 5-0
Barco-Racing Vilalbés 1-2
Órdenes-Bergantiños 0-0
Rápido de Bouzas-Dubra 2-0
Cerceda-Castro 2-1
Arousa-Silva 2-1
Xornada 15:
Barco-Arousa 0-1
Racing Vilalbés-Ribadumia 1-0
As Pontes-Cerceda 1-5
Céltiga-Deportivo B 0-2
Bergantiños-Vilalonga 1-3
Xornada 16:
Rápido de Bouzas-Bergantiños 1-0
Deportivo B-Alondras 2-0
Cerceda-Dubra 5-0
Arousa-Racing Vilalbés 1-1
Xornada 17:
Silva-Rápido de Bouzas 0-1
Racing Vilalbés-Céltiga 1-0
Castro-Deportivo B 2-1
Bergantiños-Choco 1-0
Arousa-Órdenes 3-0
Xornada 18:
Deportivo B-As Pontes 5-0
Rápido de Bouzas-Barco 3-0
Racing Vilalbés-Órdenes 4-0
Cerceda-Bergantiños 1-0
Vilalonga-Arousa 0-0
Xornada 19:
Silva-Cerceda 0-0
Dubra-Deportivo B 0-3
Alondras-Racing Vilalbés 0-0
Bergantiños-Negreira 0-0
Arousa-Rápido de Bouzas 1-1
Puntos feitos polos equipos entre as xornadas 13 e 19:
Compos: 11 (2V-5E)
Deportivo B: 15 (5V-2D)
Rápido de Bouzas: 15 (4V-3E)
Cerceda: 16 (5V-1E-1D)
Arousa: 11 (3V-2E-2D)
Racing Vilalbés: 17 (5V-2E)
Bergantiños: 5 (1V-2E-3D)
E así van os enfrontamentos directos entre os equipos da parte alta:
COMPOS:
Deportivo B: 5-1 / 0-2.
Rápido de Bouzas: 1-1 / Xornada 34.
Cerceda: 2-1 / Xornada 36.
Arousa: 0-0 / 4-0.
Racing Vilalbés: 1-0 / 2-0.
Bergantiños: 4-2 / 3-1.
DEPORTIVO B:
Compos: 5-1 / 0-2.
Rápido de Bouzas: 2-0 / 3-0.
Cerceda: 1-1 / 2-0.
Arousa: 1-2 / 3-1.
Racing Vilalbés: 1-0 / Xornada 32.
Bergantiños: 1-2 / 2-2.
RÁPIDO DE BOUZAS:
Compos: 1-1 / Xornada 34.
Deportivo B: 2-0 / 3-0.
Cerceda: 1-3 / 0-1.
Arousa: 1-1 / Xornada 38.
Racing Vilalbés: 2-1 / 1-1.
Bergantiños: 1-0 / Xornada 35.
CERCEDA:
Compos: 2-1 / Xornada 36.
Deportivo B: 1-1 / 2-0.
Rápido de Bouzas: 1-3 / 0-1.
Arousa: 0-0 / 2-0.
Racing Vilalbés: 3-2 / 1-0.
Bergantiños: 1-0 / Xornada 37.
AROUSA:
Compos: 0-0 / 4-0.
Deportivo B: 1-2 / 3-1.
Rápido de Bouzas: 1-1 / Xornada 38.
Cerceda: 0-0 / 2-0.
Racing Vilalbés: 1-1 / Xornada 35.
Bergantiños: 2-0 / Xornada 32.
RACING VILALBÉS:
Compos: 1-0 / 2-0.
Deportivo B: 1-0 / Xornada 32.
Rápido de Bouzas: 2-1 / 1-1.
Cerceda: 3-2 / 1-0.
Arousa: 1-1 / Xornada 35.
Bergantiños: 1-0 / 0-2.
BERGANTIÑOS:
Compos: 4-2 / 3-1.
Deportivo B: 1-2 / 2-2.
Rápido de Bouzas: 1-0 / Xornada 35.
Cerceda: 1-0 / Xornada 37.
Arousa: 2-0 / Xornada 32.
Racing Vilalbés: 1-0 / 0-2.
Ningún comentario:
Publicar un comentario