Plantel pechado

O Compos xa ten a tódolos xogadores que loitarán a vindeira tempada por volver á Segunda B. Alberto Freire, Rubén Martínez e David Nogueira, que estaban a proba co equipo, terán ficha co primeiro equipo completando así un equipo que, a día de hoxe, promete mellores resultados e mellor fútbol que o do ano pasado.

Un xuvenil máis.
Alberto Freire procede do Xuvenil A branquiazul de Liga Nacional. Aos seus 18 anos foi un referente no centro do campo e acompaña a Juan Rey no seu ascenso ao primeiro equipo sendo un canteirán máis ás ordes de Yago Iglesias. A pasada tempada foi un fixo ás ordes de Alberto Mariano xogando 32 partidos e anotando 6 goles. 
Anteriormente, pasou polas filas do Negreira asinando pola Esedé sendo xuvenil de segundo ano. No equipo vermello chegou a estrearse co primeiro equipo compartindo vestiario con Rodri Veiga, actual segundo adestrador.

Xuventude e experiencia no centro do campo.
Do Arousa chega Rubén Martínez. Un extremo esquerdo que pode xogar tamén de interior que, aos seus 21 anos, conta con tres anos de experiencia na Terceira galega. A proba co equipo dende o comezo da pretempada, asinará por unha tempada despois do seu paso polo Arousa, onde xogou 34 partidos en dúas tempadas, e o Xuventú Sanxenxo, onde xogou cedido un ano. 

Un vello coñecido para a dianteira.
David Nogueira volve ao Compos despois dun ano nas filas do Estudiantil. O dianteiro santiagués xogará unha nova tempada no equipo da súa cidade aos 25 anos. Un dianteiro coñecido pola afección branquiazul, suplente de Joselu na tempada do ascenso á Segunda B, que a pasada tempada xogou 27 partidos no Estudiantil de Preferente ao lado de Lucas e Ander, facendo 6 goles. Antes pasou polas filas do Grixoa e o Pontevedra, tamén na Terceira. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario