Manu Cedrón, novo porteiro

Manu Cedrón é o segundo porteiro que chega á Esedé despois da renovación de Lucas. O gardamallas chega dende Lugo en calidade de cesión para ocupar unha das poucas prazas vacantes e, practicamente, pechar un equipo que comeza a ilusionar de cara á loita polo ascenso á división de bronce.
Cedrón chega dende o Lugo aos seus 20 anos. Sen embargo, a pasada tempada participou nas filas do Somozas tamén cedido, anque non chegou nin aos 500 minutos de xogo. Un porteiro de garantía, calidade e que loitará con Lucas para ser o titular baixo os paus de San Lázaro. 
A pasada tempada, foi titular en cinco encontros, que xogou completos, e xogou un minuto dun sexto despois da expulsión do titular. Encaixou 12 goles e viu 3 cartóns amarelos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario