Todo segue igual

Compos e Burgos empataron sen goles en San Lázaro. Partido sen moitas ocasións, con numerosas imprecisións e erros á hora de finalizar as ocasións chegando con máis perigo nos dez últimos minutos. Pato, unha semana máis, foi o mellor dun equipo sen un estilo definido que se salvou ata en tres ocasións de rematar unha semana máis con derrota. Aínda así, a promoción e a permanencia seguirán unha semana máis a 5 e 7 puntos respectivamente. 
Na primeira metade, sen facerse coa pelota, o dominio foi branquiazul. Chegaron un par de boas ocasións por parte de João Camacho e Jordan. Polas bandas apareceu o perigo nos primeiros minutos do xogo ante o que respondeu o Burgos cun disparo na área que atallou cuns grandes reflexos Pato. O porteiro uruguaio, o mellor do partido, apenas tivo máis traballo na primeira metade, que rematou cunha nova ocasión que evitou o porteiro burgalés. 
A segunda parte foi aínda peor que a primeira. O Burgos achegouse con máis perigo á portería local probando dúas veces máis a Pato, que sen Catú no centro da defensa tivo máis traballo do habitual. E, sen facer nada máis, chegouse aos dez últimos minutos con todo por decidirse, con opcións para os dous conxuntos.
O tramo final do partido foi para un Compos que tivo as mellores ocasións de todo o encontro. Xogo en campo contrario, nas inmediacións da área burgalesa con Bicho, una vez máis, aproveitando os seus minutos conseguindo a mellor ocasión cun disparo que desbaratou o porteiro cando parecía que habería sorpresa final. 
Por segundo partido na casa, o equipo perde a identidade que gañou coa chegada de Fredi ao equipo. De todas formas, a pesar de só sumar 3 dos últimos 12 puntos posibles. E agora só queda pensar no Guijuelo, partido que hai que gañar para facer bos os dous últimos empates e buscar aproveitar os demais enfrontamentos dos equipos da zona baixa.

ALIÑACIÓN: Pato; Josu, Sergio Sánchez, Portela, Jimmy; Javi Moreno (Fondevila, min. 46); Jordan (Goti, min. 65), Manu Rodríguez, João Camacho, Joaquín (Bicho, min. 58); e Guillem.
CARTÓNS: Amarelo para João Camacho.
GOLES: 0-0. 
ESTADIO: San Lázaro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario