Tres meses despois...

O Compos voltará a San Lázaro tres meses despois do encontro ante o Real Avilés, co que se pechou a pasada tempada. O Peña Sport visitará por primeira vez o noso campo nun partido moi importante a só catro días para o inicio da Copa do Rei. Un duro debut na nosa casa despois da gran derrota da primeira xornada. A mellor proba para ver como están dous equipos con diferentes obxectivos ao final da presente campaña.
Iñaki terá máis dificultades á hora de realizar un novo once xa que á baixa máis que coñecida de Portela, que estará de baixa un mínimo de tres meses, e Catú súmase a de Rubén Sánchez cunha lesión na clavícula. Por contra, David Ruiz non poderá contar con Imanol Etxeberria por sanción, xa que foi expulsado na primeira xornada ante o Lealtad. 
Campión do seu grupo en Terceira a pasada tempada, o Peña Sport chegará por primeira vez a San Lázaro despois de dúas vitorias importantes. A súa estrea esta tempada na Segunda B rematou cunha vitoria ante o Lealtad por 2-1. Cristian Gilés fixo o primeiro para os navarros, Pablo Espina igualou o resultado para os asturianos e Manjón fixo o segundo e definitivo para os locais. Ademais, xa xogaron o seu primeiro encontro na Copa do Rei cunha importante e contundente vitoria en Mérida ante o equipo local. 0-3 con dous goles de Imanol Etxeberria e outro de Manjón, que se confirma como o máximo goleador do equipo.
Pouco máis se pode contar a estas alturas da tempada cos dous equipos en estados moi diferentes. Os navarros son terceiros grazas á súa primeira vitoria mentres que a Esedé chega á cita ocupando a última posición da clasificación... Aínda que polo momento non é nada significativo despois dunha xornada.
O partido será este sábado ás 20 horas en San Lázaro coas cámaras da TVG.

Ningún comentario:

Publicar un comentario