Dura derrota

O Compos recibiu un serio correctivo na visita a Las Gaunas. Un gran rival, que demostrou estar un paso por enriba a estas alturas. Un partido onde a Esedé foi de máis a menos xogando máis de setenta minutos baixo o mando dun gran Logroñés. Pato, a pesar dos goles, foi o mellor do partido salvando unha goleada moito peor. Finalmente podemos estar contentos de "só" haber encaixado tres goles co centro da defensa que non será a titular nos momentos importantes da tempada. Pere Milla por partida dobre e Jordan foron os autores dos tres tantos. 
A Esedé comeza a tempada como o último clasificado a pesar dun comezo esperanzador. O equipo de Iñaki Alonso saltou ao terreo de xogo coa única intención de dar a sorpresa nun dos campos máis difíciles da categoría. Un córner e unha ocasión perigosa en cinco minutos facían crer nun gran resultado... Pero as cousas non seguiron por un bo camiño. E cun posible penalti non pitado sobre Goti desapareceu o noso equipo. 
O Logroñés viu o perigo sobre a súa porta e mellorou notablemente anulando aos galegos desde o centro do campo. Un asedio constante sobre a porta de Pato, que mantivo un nivel moi alto durante os noventa minutos, salvando ata catro goles cantados en cousa de dez minutos. Pero, cando todo parecía pensar que chegaríamos ao final do primeiro tempo co empate sen goles, algo máis que positivo. 
Un novo saque desde a esquina, sexto para os rioxanos no primeiro tempo, e un cúmulo de cousas que rematan co primeiro gol. Pato despexa mal o balón na área grande, posiblemente recibindo falta, un xogador local non atina a pegar á pelota e cae nos pés de Pere Milla. O catalán controla, busca un oco e pégalle sen que ningún defensa nin Pato evite que o esférico remate no fondo das mallas. 
Na segunda metade non cambiou o guión nin o máis mínimo. O Logroñés era o dono do encontro e só parecía cuestión de tempo a chegada do segundo gol. Un segundo gol axudado pola defensa, moi lenta e feble. Centro desde campo rioxano por enriba da defensa, o xogador chega á área e pon o esférico ao corazón da área, onde aparece Pere Milla para marcar co peito ante a pasividade da defensa. 
Co segundo xa no marcador apareceu a mellor versión do branquivermello Jordan. O dianteiro aproveitouse da súa velocidade e ata en dúas ocasións foi capaz de deixar atrás á defensa facendo, na segunda ocasión, o que será un dos mellores goles da tempada. Desfíxose de dous defensas na área e puxo o esférico lonxe do alcance de Pato, que non puido facer nada. 
Partido máis que resolto e o Logroñés baixou a intensidade pero sen perder a posesión do esférico. Do Compos pouco que poder contar. Só Gerard Oliva foi capaz de probar ao porteiro local co tempo cumprido pero sen sorte de cara a gol.
Isto só acaba de comezar. Hai 37 encontros por diante. Moito que mellorar. E a pensar xa no Peña Sport. 

ALIÑACIÓN: Pato; Jesús Varela, Josu, Sergio Sánchez, Jimmy; Marcos; Joaquín, Javi Moreno (Dani Hernández, min. 73), Goti (Rubén Sánchez, min. 57); Gerard Oliva e Orbegozo (Jordan, min. 79).
CARTÓNS: Amarelo para Javi Moreno.
GOLES: 1-0 45' Pere Milla, 2-0 61' Pere Milla, 3-0 67' Jordan.
ESTADIO: Las Gaunas. 2.164 siareiros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario