Raúl Marqueta, segundo porteiro

Despois de varias semanas con Devis Epassy a proba nos adestramentos, o culebrón pola portería rematou coa fichaxe de Raúl Marqueta pola Esedé. Procedente do Huesca B, o maño xa defendeu as porterías de Valencia e Murcia nas súas categorías inferiores. Porteiro de 20 anos, que na tempada anterior defendeu a porta do Almudevar, equipo da terceira división aragonesa.
Ata onte, cando chegou Raúl Marqueta, o porteiro que sería o substituto de Lorenzo sería o francés Devis. Adestrou ás ordes de Iñaki Alonso dende o comezo da pretempada e o seu novo contrato coa Esedé estaba fixado para que o asinase o día 2, antes do partido ante o Noia da Copa Deputación, primeiro encontro oficial da tempada. Sen embargo, tanto o ex do Stade Rennes e Lorient como o seu representante desapareceron sen deixar pista e a Esedé tivo que buscar un novo defensor para a porta. 
Vintecatro horas despois de coñecerse esta nova, chegou a San Lázaro Raúl. Un porteiro con bos reflexos e bo xogo cos pés que partirá como suplente de Ramón, titular esta tempada. O aragonés asina por unha tempada. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario